jueves, 26 de marzo de 2009

Podemos introducir nos nosos blogs mapas de Google Maps, como este do circuito de Albert Park onde Alonso comeza este fin de semana o Campionato do mundo de F1. Podemos!

Visualizar o mapa ampliado

jueves, 12 de marzo de 2009

Blog en Blogger


Imos crear un blog en Blogger coa nosa conta de Google.
O blog é como un diario onde podemos introducir entradas sobre os temas que máis nos gusten.
Pensa nun tema para o teu blog.
Aprenderemos a:
  1. Introducir textos
  2. Subir fotos.
  3. Incrustar vídeos.
  4. E máis cousas interesantes.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Exercicio con Google Docs.

Imos realizar un exercicio en Google Docs. Debes seguir os pasos que che vou indicando e procurar chegar ao final sen pedir axuda. Se trata de que busquedes por vos mesmos as solucións ás dificultades que atopades. Non é difícil, e só imos facer cousas que xa fixemos en clases anteriores. Se non chegas ao final non te preocupes, o importante é tentar de chegar o máis lonxe posible sen axuda, anque podes eso si usar a axuda do programa.

1. Abre Google Docs.
2. Crea un documento de texto.
3. Garda ese documento de texto.
4. Cambia de nome ao documento de texto, o nome do documento debe ser: xoves seguido do teu nome e seguido da data de hoxe. Por exemplo: XOVES CARLOS ALONSO 05_03_2009 ou MARTES CARLOS ALONSO 10_03_2009
5. Busca información en internet sobre As Illas Cíes.
6. Copia un texto sobre As Illas Cíes sen formato, é dicir, pásao antes polo bloc de notas.
7. Edita este texto poñendo un título e un subtítulo utilizando estilos.
8. Cambia o tipo de letra a Tahoma.
9. Busca unha imaxe das Illas Cíes en Google.
10. Pega esa foto no documento
11. Garda o documento.
12. Evíame o documento por correo como PDF (formato de documento portátil)