lunes, 26 de enero de 2009

Imos dar uso á conta de correo.


Cando era cativo coleccionaba sellos de correos. A calquera que llos pediras dábache unha morea deles. Hoxe pola contra case desapareceron, e non o digo polo de Afinsa e Forum Filatélico.

O correo electrónico desprazou costumes tan arraigadas como mandarse cartas, postais ou mesmo telegramas. Ademáis de textos podemos mandar moita máis información, eso será algo que aprenderemos hoxe.

1. Introducir Contactos.
2. Crear un grupo de contactos.
3. Mandar un correo só con texto.
4. Mandar un correo cun enlace a unha páxina web.
5. Mandar un correo cun arquivo de texto adxunto.
6. Mandar un correo cunha foto adxunta.

Anque xa non escribamos cartas, nin postais, só emails, o que non debemos descoidar é aos amigos, eles son o verdadeiramente importante. Que todo isto te axude a manter as túas relacións.

martes, 20 de enero de 2009

Crear unha conta en Google e Gmail

1. Para empezar imos usar o Pendrive. Co Explorador de Windows crearemos carpetas, como a carpeta de Direccións, onde introduciremos enlaces a páxinas de Internet, así non teremos que lembrar as súas direccións. A medida que atopemos páxinas interesantes as súas direccións de Internet as gardaremos na carpeta de Direccións.

2. Hoxe imos crear unha conta en Google.
¿Por que? Pois porque nos vai ser útil para dispoñer dunha conta de correo, se non a temos, e disfrutar de moitas ferramentas interesantes que ten Google, como Google Docs por exemplo.

3. Tamén aprenderemos a usar a conta de correo. Se xa tes algunha conta de correo non terás dificultade. Se é a primeira non te preocupes partiremos de cero, e te resultará fácil usala. Como todo canto máis se practica mellor, así que hoxe nos mandaremos moitos correos para ter práctica. O correo electrónico é unha das ferramentas básicas de Internet, o seu coñecemento e uso é imprescindible na actualidade.

miércoles, 14 de enero de 2009

Resultados da enquisa

RESULTADOS DA ENQUISA.

1. ¿Tes ordenador na casa?
Si = 17
Non = 0

2. ¿Tes conexión a Internet en casa?
Si = 9
Non = 8

No caso de que traballes:
3. ¿Necesitas o ordenador no traballo?
Si = 3
Non = 12
n/c = 2


4. ¿Usas Office no traballo?
Si = 0
Non = 14
n/c = 3

5. ¿Cales destes programas usaches algunha vez?
Procesador de texto = 1
Folla de cálculo = 1
Programa de presentacións = 0
Base de datos = 1
Retoque fotográfico = 1

6. ¿Cales destes programas dominas mínimamente?
Procesador de texto = 0
Folla de cálculo = 0
Programa de presentacións = 0
Base de datos = 1
Retoque fotográfico = 1

7. ¿Fíxeches algunha vez un curso de Office?
Si = 2
Non = 15


8. ¿Por que te animaches a facer este curso?
a. Para saber máis.
b. Para saber usar o ordenador.
c. Para non facer o ridículo diante dos fillos.

martes, 13 de enero de 2009

Google

Hoxe tivemos a presentación do curso. Como víchedes non entramos todos na aula de informática, así que non queda máis remedio que facer dous grupos. Creo que non haberá problemas para satisfacer as vosas preferencias de día.

Como vos dixen na clase Google é unha das empresas máis influíntes e dominantes no mundo actual de Internet. Non virá mal, polo tanto, saber algo máis dela. Vos deixo este vídeo que espero nos poda dar pé a algún comentario na clase.

miércoles, 7 de enero de 2009

Introducción

Hoxe vivimos no que se chama a sociedade da información. Temos acceso a equipos informáticos, e a conexións a internet cada vez máis rápidas. Esto ábrenos un montón de oportunidades, pero tamén crea un desacougo cando non controlamos ou dominamos estas ferramentas.
O mundo laboral esixe traballadores preparados e competentes nas súas profesións, pero tamén valora de forma especial o dominio de idiomas e o coñecemento das novas tecnoloxías da información.
Neste curso tentaremos de perderlle o medo as novas tecnoloxías, adquiriremos coñecementos nas ferramentas ofimáticas básicas, e descubriremos as posibilidades que nos ofrece actualmente Internet, a través do que se coñece actualmente como WEB 2.0
A modo de introducción do curso propóñovos ver este vídeo onde se presentan diferentes situación da aplicación das novas tecnoloxías na educación.

Programa da curso.

Programa do Curso de Office e Internet.

1.Introducción.
2.Crear unha conta de correo de Gmail.
3.Usar a conta de correo.
4.Usar Google Docs.
5.Crear un Blog en Blogger.
6.Vantaxes do software libre.
7.OpenOffice fronte a Office de Windows.
8.Descarga de Open Office Portable.
9.Coñecer e usar OpenOffice Writer. (Procesador de texto)
10.Coñecer e usar OpenOffice Draw. (Debuxo)
11.Coñecer e usar Gimp. (Retoque fotográfico)
12.Coñecer e usar OpenOffice Impress. (Presentacións)
13.Coñecer e usar OpenOffice Calc. (Folla de cálculo)

Para empezar


Benvidos a este Blog onde irei colgando informacións interesantes para este Curso de Office e Internet.
Para empezar vos informo que ides necesitar un lapis de memoria USB, ou Pendrive, de 4GB máis ou menos. O necesitamos pois os ordenadores que imos utilizar non conservan os traballos que realicemos neles, por medidas de seguridade, e ademáis así podedes completar os traballos en casa. No curso xa vos explicarei como se utiliza o Pendrive.